9/2/16

UN ENTROIDO "FANTÁSTICO"

Ola, son Lolo aínda que vou disfrazado de "SuperLolo". O Meco este ano convirtiuse nun dragón, xa que está relacionado co proxecto da biblioteca sobre "Os seres fantásticos". As coplas fixeron alusión á paz (coincidindo coa celebración dese día) e o último día deixounos disfrazar ao noso gusto. Vimos dende sevillanas ata momias, moitos superheroes e ata cabalos. Comimos lambetadas e bailamos en parellas, grupos e todo o colexio. Tamén fixemos un desfile por clases. Na área de Educación Física elaboramos disfraces con xornais vellos e os nenos e nenas de 4º curso de primaria investigaron sobre outras maneiras de celebrar o Entroido en Galicia (os Peliqueiros de Laza) Pasámolo xenial!

No hay comentarios: