Tivemos de novo a visita da Banda escola de gaitas Cacharela de Covas. Esta banda composta por algúns ex alumnos do centro soe vir ao colexio para amosarnos a música tradicional a través dos instrumentos musicales que empregan: a gaita, as cunchas, o pandeiro, o tambor, o bombo e a pandereta.
Ademais para a actuación no colexio tivemos de "voluntario" a Basi, o profe de infantil que demostrou un gran talento para o bombo e como artista invitada disfrutamos coa actuación de Sara que está aprendendo a tocar a gaita.
Por certo, presentáronse moitos voluntarios para probar os instrumentos musicais.
Disfrutamos moito con esta visita.
Grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario