5/6/17

VI DIA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA- HOMENAXE A MARUJA MALLO

O día 1 de xuño conmemoramos o Dia da Arte Galega na Escola e nesta ocasión fixemos unha homenaxe á artista que naceu en Viveiro, Maruja Mallo.
Cada aula escolleu un cadro da autora elaborando diferentes versións nos días previos. Nas aulas de infantil traballaron sobre as obras de "Naturaleza viva" con elementos naturais (cunchas, algas, area...)elaborando cada neno/a a súa versión do cadro, en 1º fixeron un quebracabezas coa obra "Máscara tres-veinte", en 2º traballaron co cadro "Selvatro"  o efecto espello, na clase de 3º fixeron un "Protoesquema" en 3D, "Elementos para el deporte" foi a obra escollida por 4º elaborando os diferentes elementos do cadro con materiais comúns como cartón, témperas, corda, papel..., o papel maché foi a técnica que empregou a clase de 5º para recrear "Máscaras con mariposas".

O alumnado de 6º fixo unha performance en vivo de rostros e figuras dos cadros da artista, incluíndo a foto de Maruja Mallo con algas, máscaras, muller negra...Contamos coa colaboración de Sara, antiga alumna do centro e que maquillou aos nenos e nenas de 6º  facendo un traballo magnífico 😊.

 O día 1 saímos todas as clases ao patio para rematar as obras e facer unha exposición e posta en escena na hora da saída para os padres e familiares do alumnado.

Coas obras rematadas e fotografiadas elaboraremos uns marcapáxinas que repartiremos polas tendas da zona e que darán como agasallo á clientela.


 
DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2017 (I)



 
DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2017

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA 2017(III)


















1 comentario:

Charo dijo...

Marabilloso traballo. Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier.