9/7/17

E PARA REMATAR... FESTIVAL!


Para rematar o curso 2016-2017 celebramos un festival coas actuacións por parte dos alumnos e alumnas de todo o centro. Os nenos e nenas nerviosos por actuar diante das familias puxeron toda a súa ilusión e gañas. Os nenos e nenas de 3 anos fixeron un baile coa canción Xuntos de Juan Pardo, os de 4 anos fixéronnos bailar ao ritmo de Grease. Cun clásico These boots are make for walking bailaron os alumnos/as de 5 anos.

En 1º de primaria elaboraron un mosaico ao ritmo da música que nos fascinou, a obra de teatro de 2º fíxonos pasar un bo rato e viñeron os rapeiros de 3º co seu hip hop que puxeron ao público a bailar.
Os nenos e nenas de 4º bailaron moi conxuntados a canción O sacristán de Coimbra. Os nenos e nenas de 5º de primaria teñen moita experiencia bailando hip hop e bailes modernos, a obra de teatro dos nenos e nenas de 6º foi sobre a Galiña Azul de Carlos Casares e por último todos os nenos e nenas do centro bailamos unha canción en inglés Tooty ta poñendo fin ao festival.

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Covas deséxavos un bo verán!

FESTIVAL FIN DE CURSO 1 from Bibliocovas on Vimeo.

FESTIVAL FIN DE CURSO 2 from Bibliocovas on Vimeo.

FESTIVAL FIN DE CURSO 3 from Bibliocovas on Vimeo.

No hay comentarios: