19/11/18

VISITAMOS A GRANXA DE CORAIS

Dentro da campaña escolar Mares de cultura, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria foron visitar a granxa de corais Coral Reef Water en Viveiro. Primeiro tiveron unha presentación con Carlos, que lles falou da vida no mar, tipos de animais e características deles. Tamén vimos diferentes tipos de corais e como coidar o medio mariño para salvar os arrecifes de coral. Despois visitaron a granxa onde están as plantas de coral, os diferentes peixes que viven con eles, da supervivencia dos corais, que necesitan para sobrevivir... Finalmente Vanesa ensinoulles un acuario con diferentes corais e peixes. Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas. Foi unha visita moi interesante!





No hay comentarios: