25/3/19

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Todos os xoves, na hora de ler, as familias do alumnado de Educación Infantil, sorpréndenos cun conto.
Os nenos e nenas de cada aula esperan entusiasmados que os pais, nais, irmáns... conten o conto que traen preparado da casa.
Con esta actividade non so favorecemos a relación familia-escola, senón que fomentamos o interés e o placer pola lectura dos máis pequenos.

24/3/19

ENCONTROS PLAMBE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O 21 e 22 de marzo celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intevención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais, presentáronse un total de 26 experiencias de centro de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros). Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estivo presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.
A xornalista Rosa María Calaf pechou os Encontros cunha conferencia maxistral "Aprendendo a pensar diante da mentira e o ruído" que recibiu unha forte ovación por parte do público asistente.

DÍA DA POESÍA

o 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía. O alumnado de 2º de primaria escribiu poesías que queren compartir con todos nós.











CONCURSO DE CARTEIS PARA AS FESTAS DE COVAS

A Comisión de Festas de Covas contou coa colaboración do noso colexio para deseñar o cartel das Festas de San Xoán, no próximo mes de xuño.
Cada clase elaborou carteis cada cal máis imaxinativo. Varias compoñentes da Comisión viñeron ao cole para entregar os premios a cada clase.
O cartel gañador foi o que deseñou Sara López de 6º de primaria. E un debuxo moi colorido cos tres motivos obligatorios para o cartel: a sardiña, a lumeirada e o monumento dos Castelos.
O premio ao deseño máis orixinal foi para Marco de 6º, en 5º gañou Ariadna, en 4º Xoel, Clara foi a gañadora de 3º, Dani Veloso de 2º e Sabela de 1º.
Grazas á Comisión das festas de San Xoán polos agasallos!

NORABOA AOS PREMIAD@S E GRAZAS A TODOS OS NENOS E NENAS QUE PARTICIPARON

SEMANA DA PRENSA- EMPREGAMOS OS XORNAIS PARA DISFRAZARNOS E XOGAR

Entre as actividades que levamos a cabo durante a Semana da prensa, na área de Educación Física facemos disfraces cos xornais vellos e os nenos e nenas aprenden a reciclar e traballar de maneira cooperativa.
 Tamén xogamos empregando os xornais como material lúdico: carreiras cos xornais pegados, como cesta para xogar coa pelota, como raqueta... a imaxinación dos nenos e nenas é imparable.

SEMANA DA PRENSA- VISITA DO DIRECTOR DO HERALDO DE VIVEIRO

Celebramos a semana da prensa con moitas actividades que fixemos nas aulas. Os nenos e nenas aprenderon as diferentes seccións dun xornal, elaboraron noticias, leron a prensa tanto impresa como dixital, en diferentes idiomas... Como broche final tivemos a visita do director do Heraldo de Vivero, Juan Carlos Neira.
El Heraldo de Vivero é un xornal semanal que se publica en Viveiro dende o ano 1912.
 O alumnado de 5º e 6º estivo moi atento as explicacións de Juan Carlos, que lles contou o proceso de elaboración das noticias a partir da vivencia personal dun alumno e entre todos foron creando a noticia ata que saiu no xornal.
Os nenos e nenas fixeron unha morea de preguntas e disfrutaron coas anécdotas que lles contou o director do xornal. Esta visita forma parte das actividades que se están a desenvolver dentro do PDI "Descubrindo Viveiro" e que estamos a traballar dende a biblioteca.


8/3/19

UN ENTROIDO DE FESTAS E ROMARÍAS

Este Entroido traballamos as festas e romarías de Viveiro.
O MECO (neste caso unha sardiña) mandounos traer accesorios relacionados co noso pobo  durante toda a semana.
O venres fixemos un gran desfile polo PASEO MARÍTIMO DE COVAS, chegamos ao PARQUE PERNAS PEÓN  e os nenos/as e profes cantaron as coplas do Entroido , bailaron e escenificaron
as coreografías asociadas aos disfraces.
Os pais/nais e familiares acompañaron o desfile así como unha representación de residentes de DOMUSVI (residencia de maiores).
Os nenos e nenas de infantil cheos de colorido ian de MOSTRA FOLKLÓRICA INTERNACIONAL  (3 anos de Rusia, 4 de Kenia e 5 de Brasil).
Así de simpáticos estaban os nenos e nenas de 1º e 2º celebrando a romería de NASEIRO, con polbo e todo.
Un ENTERRO DA SARDIÑA con autoridades e choronas representaron os alumnos/as de 3º e 4º.
Os nenos e nenas de 5º e 6º ian disfrazados de RESSURECTION FEST, un festival emblemático que se celebra na cidade do Landro.

7/3/19

ASÍ CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO COLE


Rosalía 2019

Celebramos o Día de Rosalía copiando as súas poesías e ilustrándoas con fotos, debuxos, maquetas... relacionadas co PDI no que estamos a traballar dende a biblioteca "Descubrindo Viveiro".
As fotos e os debuxos  de distintos lugares de Viveiro: praias, natureza, monumentos... e unha bonita maqueta do monumento  Os Castelos adicado ao naufraxio da Fragata Magdalena e o Bergantín Palomo que está na praia de Covas.
Seguídamente todos os nenos e nenas recitaron os poemas de Rosalía nun acto que tivo lugar na biblioteca do centro.

Entrevista feita polo alumnado de 5º de primaria dentro do proxecto Radio na Biblio a unha "Rosalía" moi especial interpretada por Nelson.
Agradecemos a colaboración de Madison, a nosa auxiliar de conversa, recitando marabillosamente estes versos de Rosalía.