O 21 e 22 de marzo celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do
Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondente ao curso
2018/2019, con intevención de persoas expertas en diversos ámbitos
relacionados coas biblioteca, a literatura, a comunicación, o
patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e
mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual. Ademais,
presentáronse un total de 26 experiencias de centro de
moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler",
voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector,
Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros).
Neste ano de "poéticas diversas", a poesía estivo presente da man de Mar
Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.
A xornalista Rosa María Calaf pechou os Encontros cunha conferencia maxistral "Aprendendo a pensar diante da mentira e o ruído" que recibiu unha forte ovación por parte do público asistente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario