Este Entroido traballamos as festas e romarías de Viveiro.
O MECO (neste caso unha sardiña) mandounos traer accesorios relacionados co noso pobo durante toda a semana.
O venres fixemos un gran desfile polo PASEO MARÍTIMO DE COVAS, chegamos ao PARQUE PERNAS PEÓN e os nenos/as e profes cantaron as coplas do Entroido , bailaron e escenificaron
as coreografías asociadas aos disfraces.
Os pais/nais e familiares acompañaron o desfile así como unha representación de residentes de DOMUSVI (residencia de maiores).
Os nenos e nenas de infantil cheos de colorido ian de MOSTRA FOLKLÓRICA INTERNACIONAL (3 anos de Rusia, 4 de Kenia e 5 de Brasil).
Así de simpáticos estaban os nenos e nenas de 1º e 2º celebrando a romería de NASEIRO, con polbo e todo.
Un ENTERRO DA SARDIÑA con autoridades e choronas representaron os alumnos/as de 3º e 4º.
Os nenos e nenas de 5º e 6º ian disfrazados de RESSURECTION FEST, un festival emblemático que se celebra na cidade do Landro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario