4/6/19
UN XANTAR DE VERSOS- MICRORREDE DA MARIÑA
A actividade deste ano do proxecto colaborativo entre as bibliotecas escolares que integramos o PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) levou por título A POESÍA QUE SENTIMOS.
No noso colexio en concreto a actividade titulábaseUN XANTAR DE VERSOS xa que a poesía sentímola co gusto, saboreando os versos e invitámos ás familias a ese xantar con poemas.
Pedimos a colaboración das familias para elaborar un prato con poemas sobre a comida, o gusto, a cociña... e un traballo plástico para ilustrar dito poema e sobre todo tratábase de implicar ás familias nas actividades do centro e traballar colaborando o pai/nai/avós/irmáns...
Agradecemos os preciosos traballos aportados demostrando unha gran creatividade e imaxinación. MOITAS GRAZAS!!
Os traballos estiveron expostos no colexio e dende o vindeiro martes día 4 haberá unha gran exposición colectiva en Viveiro aberta ao público en xeral ata o día 6.
O día 4 foi inauguración da Exposición da Microrrede coa asistencia de autoridades, familias, mestres e sobre todo nenos e nenas.
Contamos coa presencia de Antón Cortizas, poeta escritor, actuacións de grupos do Conservatorio de Música de Viveiro, recitado de poemas a cargo do alumnado da EEI San Roque.
Durante os días da exposición houbo diferentes actividades dinamizadoras: teatro a cargo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, poesía na Rúa ( poesías recitadas polos nenos e nenas dos centros educativos que foron difundidas pola megafonía nas rúas do casco de Viveiro).
Nas tendas e bares agasallaron con poesía escrita tamén polos nenos/as dos centros.
A Asociación TÁ EN ARTES estivo pintando en directo na rúa.
O día 6 foi a clausura cun concerto audiovisual a cargo de David Catá e Juan Cabalar, a presentación do libro "Esta non é outra historia de piratas" por María Rolle, a actuación do regueifeiro Cristian e do manifesto de Alba, alumnos de secundaria.
Unha semana con gran actividade no noso pobo Viveiro cheo de poesía.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario