30/11/21
Hoxe Charo Pita con "La Carrera" dentro do programa "Superarte"
24/11/21
25 N, DÍA iNTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
23/11/21
"COMECHÍNS, SEGUNDO PRATO"
Hoxe tivemos contacontos!!!! Alba Bermúdez mergullounos nun mundo imaxinario no que as crianzas, e os máis maiores, puidemos descrubrir que a lectura pode abrir o apetito.
Mmmmmm Que delicia volver a disfrutar dun contacontos en directo!!!😍😍😍😍😍😍😍
18/11/21
Formación de usuarios
Logo de transformar a biblioteca foi preciso facer sesións de formación de usuarios para o alumnado e para o profesorado para dar a conocer os novos espazos e usos.
Disrutárono un montón!!!
A nova bibliocovas
O equipo de biblioteca remodelouna enteira. A Covid ensinounos que tiñamos demasiado mobiliario dentro da mesma e precisábamos espazoa máis abertos e delimitados para aproveitar mellor o seu uso. Así que decidimos botar os andeis móbiles máis grandes aos corredores para que funcionran como unha ampliación da biblioteca na hora de ler e na bibliopatio recén inaugurada dentro dos patios dinámicos.
Pecisábamos modificar os itinerario lectores e crear novos espazos. A bibliocovas quedou entón como segue:
1. Lecturas de lecer
- Aprendo a ler
- Xa leo!
- Lectores expert@s.
2. Lecturas de información
- Cs naturais
- Cs aplicadas
- Artes plásticas
- Música
- Deportes
- Relixión
- Diccionarios e enciclopedias,
3. Zona de ordenadores
- Tres ordenadores para consulta e búsqueda de información.
4. Zona de xogos
- Xogos de mesa tradicionais,
- Xogos de lóxicae habilidades mentais
- Lecturas sobre xogos
5. Biblioteca inclusiva.
- Libros para nenos/as con necesidades educativas.
- Libros emocións.
- Libros con temas inclusivos (igualdade, non violencia, ...)
6. Zona maker
- Pantalla dixital.
- Mesas de luz.
- Robótica.
- Croma.
- Construcións.
- Espazo artes plásticas.
- Espazo costura (no espazo LÓVA).