15/11/21

"Covasmola" PDI do curso 21-22

Como xa vos contamos no Plan anual de lectura, o Proxecto Documental Integrado que o CEIP Plurilingue de  Covas inicia este curso chámase "Covasmola".



Para o título xogamos con dúas palabras e sustentámola sobre tres elementos básicos:

Covas + mola contén, ademais do nome do cole e da nosa educación unha palabra "molona" que, ao mesturalas proporciónannos:

  • o s de sustentabilidade (covasmola)
  • o mo de mobilidade (covasmola)
  • e o la, dado a volta al, de alimentación saudable (covasmola)

A que vos gusta o noso logo!!!!!!

Fíxono unha mamá molona da nosa comunidade educativa e xa o temos pendurado da fachada do cole.

 

E xa sabedes, si queredes saber máis, consultade o noso plan anual de lectura que temos publicado neste blogue .

No hay comentarios: