Pois non podíamos rematar o curso nin rematar este proxecto sen unha festa, e con que festa? Coa festa que nos define por excelencia A ROMARÍA.
Benvidos á I ROMARÍA COVASMOLA!!!!
Cada aula montou un xogo, elaborouno e incluso bautizoumo. Fixemos tantas estacións como aulas e fumos rotando por todas!!!!
Ao rematar os xogos pasamos polo bar a polo cachiño de empanada con zume natural.
Para rematar, o broche de ouro, Concerto Brincavai con Paco Nogueira!!!!
Que vivan as Romarías e que vivan as nosas festas!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario