Para despedir o ano e dentro dos dictámenes da educación emocional do PDI "Covasmola 2.0" celebramos un Mercado de emocións có lema "Unha viaxe emocionante".
Para este día acordamos que cada aula trouxera o xersei/camiseta dunha cor asociado a unha emoción que representamos cun emoji que todo o alumnado levaba nunha banda da mesma cor na cabeza.
- 3 anos foi de amarelo representando a ledicia.
- 4 anos de lila representando o enfado.
- 5 anos de blanco representando a vergoña.
- 1º de negro representando o medo.
- 2º de vermello representando o amor.
- 3º de laranxa representando a sorpresa.
- 4º de verde representando a calma.
- 5º de azul representando a tristeza.
- 6º de rosa representando a empatía.
Durante as tres semanas anteriores á celebración do mercado fumos selando un pasaporte que nos daría acceso ao mercado. Para obter os selos debíamos cumprir as merendas saudables, levalas en recipientes reutilizables e algunha probiña de mobilidade.
Ao chegar ao mercado debíamos ensinar o pasaporte correctamente selado para acceder aos postos.
Pasado o trámite aduanero chegamos ao posto do Pasapalabra. Superamos as preguntas e acadamos uns adornos de Nadal para a árbore feitos polos nenos e nenas do cole.
Despois pasamos polas dianas. Si atinabas acadabas unha pelota antiestres con cariñas de diferentes emocións.
Xa sabemos que no Nadal o mellor agasallo é un libro así que recollimos o noso agasallo empaquetado por outr@ nen@ do cole cunha mensaxe personalizada para cada un de nós.
A continuación dividímonos en tres grupos e fumos rotando entre a Gymkana, o Túnel de Maquillaxe e a sesión fotográfica para elaborar o Catálogo de Xoguetes libre de diferenzas de xénero.
Tamén traballamos a prevención do acoso escolar coa actividade "Curta o Bullying" na que visualizamos curtametraxes para atallar a problemática.
Grazas á ANPA tivemos a presenza dos Reis Magos que recolleron as nosas cartas e atenderon aos nosos desexos.
E como rematamos o Mercado de Emocións?
Pois cantando e bailando!!!!! E cunha enorme sorpresa.... PAPA NOEL!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario