16/10/23

Pequeno azul e pequeno amarelo!!!!

Como cada venres, os nenos e nenas de tres aniños  visitaron a biblioteca da escola. Nesta ocasión escoitaron un conto que ten por título "Pequeno azul e pequeno amarelo" da editorial Kalandraka. Unha historia que lles descubriu como facer a cor verde. 

Na biblio creativa, coa mesa de luz, papel celofán azul e amarelo e as témperas puxeron en práctica o conto.

Encantoulles o descubrimento!!!!!

Na visita tamén tiveron tempo para seguir explorando libremente algún recanto da biblioteca 😍😍😍😍😍😍











No hay comentarios: