Chegou o Samaín ao cole de Covas!!!!
Desde a Bibliocovas expuxemos nos andeis dos corredores lecturas relacionadas con esta temática para que o alumnado o puidera empregar na Hora de Ler. Estas lecturas estiveron dispoñibles durante todo o mes de novembro e o alumnado empregounas un montón.
Desde o contexto lingüístico tivemos tamén a oportunidade de facer "Conxuros". Para a ocasión disfrazámonos de bruxas e bruxos e recitamos os encantamentos e meigallos compostos polos nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria.
Para o día 31, o día da festa, o tema elixido foi o A escola zombie. Así que o alumnado, o profesorado e o persoal non docente, seguindo os dictames do noso Covasmola 3.0, elaboramos os nosos disfraces reutilizando roupa vella para a ocasión.
Houbo unha gymkana zombie, o xogo é a parte central da nosa PDI
Por último sinalar que as familias tamén participaron da celebración contribuíndo a decorar o cole cunhas manualidades de medo!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario