A FÁBRICA DE XOGOS COVASMOLA ABRE AS SÚAS PORTAS!!!!
As engranaxes do noso PDI Covasmola 3.0 póñense a andar para presentar a primeira grande actividade de centro relacionada co noso PDI.
Covasmola 3.0 ven a completar a identidade de centro que iniciou o PDI "Covasmola" e lle deu continuidade "Covasmola 2.0", engadindo o xogo como fío condutor.
Durante o mes de decembro fixemos rexistros saudables das merendas nas aulas. Có cumprimento do mesmo acadábase unha cantidade de auga para encher uns tubos para sacar ao noso Lolo a frote. Tiñamos que conseguir enchelo para ter o acceso á fábrica e o reto foi superado.
Creamos unha máquina de xogos que creou xogos de naturezas diferentes, todos para ser practicados no interior, colocámolos en diferentes estacións do centro e todos e todas puidemos xogar. Para ir mudando de estación elaboramos tamén un xogo.
O procedemento para chegar a cada estación foi o seguinte:
Cada estación tiña unha mesa de benvida na que se podía consultar a información dos xogos e o tipo ao que pertencen. Antes de comenzar a xogar cada grupo aula debía resolver un reto relacionado có tipo de xogo a tratar. Superar os retos supuña ir acadando as pezas dun crebacabezas có logo Covasmola 3.0 para construír ao final da xornada.
Os xogos estiveron divididos nas seguintes estacións.
Para a Educación Infantil e Primaria:
1. Xogos de azar.
2. Xogos de memoria.
3. Xogos de movemento.
4. Xogos TICs.
O alumnado de Educación Primaria tivo, a maiores, dúas estacións máis:
5. Xogos de estratexia.
6. Xogos de coñecemento.
O tempo de permanencia en cada estación foi de 5 minutos para resolver o reto e 25 para xogar.
Foi unha xornda festiva extraordinaria. Pasámolo en grande!!!!!
Ata Lolo aterrizou na nosa Fábrica de Xogos!!!!
Tivemos a visita dos Reis Magos e Papá Noel e puidemos entregarlle as nosas cartas, incluso lles bailamos.
Lolo tamén deixou unhas mensaxes de Felices Festas para toda a comunidade educativa no que participaron os nenos do segundo ciclo.
PREME AQUÍ para ver toda a documentacion sobre os xogos, a organización e os retos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario