2/5/24

Grupo de Participación Adolescente de Viveiro

O pasado luns recibimos a visita do Grupo de Participación Adolescente de Viveiro para explicarnos a súa implicación e participación no día a día do Concello de Viveiro coa posta en marcha dunha andaina solidaria, colaboracións coa residencia de anciáns, un corto contra a Violencia de Xénero,…..e moito máis. 

Para anotarse a un grupo de Participación Infantil hai que dirixirse a “Xuventude” no noso Concello. 

Gustounos ver a unha antiga alumna do noso cole dentro do grupo.

Moitas grazas 😍





No hay comentarios: