28/10/25

O NOSO SIGNO ZODIACAL

Enlazando o conto " A qué sabe a Lúa" coa temática do trimestre dos Medos, o alumnado de 6° de E.I descubriu que as bruxas empregan os signos  zodiacais para os seus rituais máxicos. O alumnado quixo aprender o seu signo e descubriron que, dependendo do día e do mes do seu nacemento, tes un asignado. Tamén descubriron que hai moitas representacións de cada un dos signos. 

Xa que as estrelas están no ceo, que mellor maneira de representar cada un o seu signo na aula sensorial coa luz negra.

Realizaronno de dúas maneiras diferentes .Para a realización das constelacións empregaron bastoncillos e boliñas de plastilina branca e na outra creación estrearon rotuladores e plastilina fluorescente.

Encantoulles polo que seguramente repetiremos!!!!
































                             



No hay comentarios: