"Melodía en la ciudad" é un conto de integración e de coñecemento das persoas novas coa chegada dun circo a un pobo. Alejandro, un neno de cidade, coñece a Elena unha nena xitana, que lle abre unha nova perspectiva e o anima a dar a coñecer o seu don artístico que é a música.
Despois do visionado, manipulación do conto e posta en común da impresión do mesmo o alumnado de 6° de E.I realizou debuxos onde apareceron as personaxes do conto: os ananos, o forzudo, a muller co bigote .....e, como non, Alejandro e Elena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario