19/6/26

Agasallos de Graduación

Para a Graduación de sexto o alumnado e o equipo da Bibliocovas deseñaron unhas medallas, co seu nome e promoción, que cortaron e gravaron na impresora láser. Imprimiron na 3D o 2026, ano da Graduación, e colgárono do recordo que lles fixo o cole. Por último, e o máis emotivo, foi a camiseta coa foto do alumnado e os seus nomes.

Fixemos a foto na entrada do que sempre será o seu cole!!!

Moita sorte na nova etapa. Sode moi molóns e molonas!!!



























                             



No hay comentarios: