Hoxe os nenos e nenas de infantil tiveron un agasallo sorpresa.
No patio, no banco de Rosalía, o Ser Covasmola das artes, tiña un gran paquete con forma de caramelo e unha carta.
Moi emocionados abriron o paquete e leron a carta que Rosalía escribiu para eles.
Un novo proxecto chegou ao noso cole e o alumnado de infantil vai a pescudar sobre Antonio Gaudí!!!!
O paquete estaba cheo de libros deste grande artista xunto cunha figura na que o arquitecto porta a Sagrada Familia feita na impresora 3D da biblio.
Iniciamos unha nova aventura!!!
Grazas Rosalía ♥️


















No hay comentarios:
Publicar un comentario