12/4/10

CAZA DO TESOURO


Aínda que o Día do libro infantil celébrase o día 2 de abril, como estabamos de vacacións foi trasladado ao día 12 de abril.
A biblioteca regalará a cada nen@ un marcapáxinas cun motivo mariñeiro (xa sabedes que estamos co monográfico sobre o mar) que poderán decorar ao seu gusto.
Ademais podedes resolver esta caza do tesouro.
Ánimo!

9/4/10

TEMOS DOUS NOVOS PLANETAS

Preme nos PLANETAS da barra lateral e poderás acceder a todos os blogs das BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS, tanto de Primaria como de Secundaria.
Grazas a Loly e Isa por este gran traballo e tamén a Rosana por estos estupendos carteis.

5/4/10

SEN CABLES, SEN PILAS...


No blog "O recanto de Mik" temos este video tan CURIOSO.

2/4/10

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2010

Este é o cartel conmemorativo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, correspondente ao ano 2010. Nesta ocasión, a responsable da ilustración é a debuxante Noemí Villamuza e o autor do texto é o escritor Eliacer Cansino, ámbolos dous españois e de recoñecido prestixo no ámbito da literatura que xa poden ler os máis novos.
Pódese ler a mensaxe nas catro linguas oficiais do estado e tamén en inglés.

OS NEN@S ESCRIBEN...

Adrián de 3º escribiu unha historia para regalarnos no Día do Libro.
Graciñas ! Preme na foto de Adrián

1/4/10

EXPOSICIÓN SOBRE O MAR



Seguindo coas actividades da biblioteca sobre o tema monográficO "O mar", na entrada do colexio temos montada unha exposición con obxectos e fotos que trouxeron os nen@s .
Como podedes ver nesta presentación hai de todo un pouco: maquetas de barcos, aparello da rapeta, nós, nasas, un acuario, cunchas, ata unha mensaxe nunha botella ... e tamén unhas fotos preciosas.

Queremos dar as GRAZAS a tod@s os que colaboraron traendo este estupendo material.