10/12/10

RECURSOS PARA O NADAL


A Coordinadora Galega de ENDL vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal.

1.- Postais elaboradas polo alumnado
Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 17 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.

Enderezo:


2.- Recursos para traballar nas aulas
Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.

30/11/10

O APALPADOR VEN PARA O NADAL

O Apalpador ou Apalpabarrigas baixa das montañas do Caurel todos os anos polo Nadal.

Se queres saber máis sobre este personaxe, preme na imaxe.

Webquest sobre O APALPADOR feita polo CEIP de Friáns- Teis de Vigo.

A ver o que aprendiches sobre o Apalpador. Fai este cuestionario que nos manda o Recanto do Mik.

26/11/10

O conto de Raquel

Raquel de 5 anos escribiu un fermoso conto dun verme e unha castaña e tamén dunha árbore.
Grazas Raquel


23/11/10

INFANTIL FOI AO TEATRO

O pasado xoves, os de infantil de 4 e 5 anos foron ao teatro Pastor Díaz para ver a actuación do MAGO PACO.
Pasárono estupendamente e como son moi listos descubriron casi todos os trucos do mago.




19/11/10

A CASTAÑA E O VERME

IRIA , unha nena de Infantil de 4 anos , escribiu este conto polo Magosto xunto cos seus compañeir@s de clase.
Grazas Iria por compartir o teu traballo con nós.


12/11/10

MAGOSTO NO COLE

Para ver como celebramos o Magosto, preme na foto.

3/11/10

OS NEN@S RECOMENDAN...


Lorena de 6º levou a mochila viaxeira e quixo deixarnos este comentario sobre un libro da mochila.
"O libro que máis me gustou foi O PEQUENO HOPLITA de Arturo Pérez-Reverte.

Gustoume sobre todo a valentía dos homes e do neno. Eles defendían o seu e tamén loitaban pola liberdade da súa familia e nunca se rendían".

Non deixedes de ler este libro que vos gustará.