16/6/20

XII EQUIPO DE COLABORADOR@S DA BIBLIOTECA NO CURSO 2019-2020



Este video vai adicado ao Equipo de nenos e nenas de 5º e 6º que colaboraron na biblioteca durante este curso tan atípico.
Aínda que a despedida debería ser doutra maneira, este video é unha pequena homenaxe a este Equipo que ven sendo fundamental no funcionamento da biblioteca.


GRAZAS CHIC@S!
 MOITA SORTE AOS NENOS E NENAS DE 6º QUE DEIXAN O COLEXIO PARA EMBARCARSE EN NOVAS AVENTURAS!



8/6/20

DEBUXA O DÍA DA ARTE GALEGA

Estes foron os preciosos debuxos de 5º e 6º de primaria para conmemorar o Día da Arte Galega dende música.
A idea era facer un debuxo inspirándose na música de Edvard Grieg (A mañá).

31/5/20

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

O 1 de xuño conmemoramos o Día da Arte Galega na Escola.
Este curso e debido ás circunstancias celebraremos o Día da Arte Galega na Casa.
Propoñemos unha actividade na que imos darnos ánimo:


-DEBUXA A LOLO/ FAI UNHA MAQUETA/UNHA ESCULTURA...LEMBRA, LOLO CON MASCARILLA!



-EMPREGA OS MATERIAIS QUE QUEIRAS, CANTO MÁIS ORIXINAIS MELLOR.
-ESCRIBE UNHA PALABRA EN POSITIVO, PARA DARNOS ÁNIMO, FRASES PARA REMATAR ESTE CURSO ATÍPICO, PALABRAS QUE APRENDIMOS DURANTE ESTE CONFINAMENTO, FRASES PARA COMEZAR DE NOVO...



E con esas frases e palabras a imaxe de Lolo, a nosa mascota que está na biblioteca esperándonos.

16/5/20

DÍA DAS LETRAS GALEGAS:PROGRAMA DENDE O CONFINAMENTO- A VIAXE DO PRINCIPIÑO

Este é un programa moi especial xa que o fixemos algúns profesor@s do colexio a raíz dun Obradoiro de formación de Radio  coa colaboración de Laboratorio de Radio.
Deste obradoiro e dende o confinamento saliu este programa A VIAXE DO PRINCIPIÑO.
Unha viaxe polos diferentes planetas que xurden do confinamento da man de entrevistas a profes e nen@s do colexio.
Escoitade! 
ESTA VIAXE VAI ADICADA AOS NENOS E NENAS DO COLE!

14/5/20

A MICRORREDE DA MARIÑA ESTE ANO QUEDA NA CASA

Como di o título da entrada este ano a Microrrede da Mariña queda na casa.
Por mor da situación que estamos a vivir , tivemos que aplazar para o vindeiro curso o proxecto da Microrrede.

Este curso estabamos traballando no proxecto

"Cidadá(n)s da Mariña, Cidadá(n)s do mundo"

 organizando a actividade para as familias do centro para realizar unha gran exposición conxunta nas salas do concello de Viveiro.
Ademais de preparar as actividades dinamizadoras, visita de autores, colaboración de Asociacións e entidades do concello...

 Non obstante nestes momentos quixemos realizar unha actividade especial:
  • Editar un vídeo onde:
    • as diferentes bibliotecas saúdan a todas as comunidades educativas
    • facemos un repaso das aito edicións anteriores