No día de Rosalía os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria deleitáronnos cun Kamishibai sobre a vida de Rosalía e outro sobre a súa obra.
Estupendo chic@s!!!!!! 👏👏👏👏👏
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
No día de Rosalía os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria deleitáronnos cun Kamishibai sobre a vida de Rosalía e outro sobre a súa obra.
Estupendo chic@s!!!!!! 👏👏👏👏👏
Achégase a data!!!!!!
Estamos rematando os nosos disfraces para a gran festa que imos celebrar este venres. E que estamos a facer?
Pois seguindo os mandados da nosa PDI "Covasmola", estamos elaborando os nosos disfraces a partir de roupa usada que trouxemos da casa. Concienciamos ao alumnado que que a industria textil é unha das máis contaminantes do planeta. Así que creamos a nosa propia "Moda Covasmola" desmontando, montando, cosendo, ..., en resumo, reutilizando roupa dándolle ás á nosa creatividade.
A experiencia está sendo fantástica!!!!!
O venres veredes o resultado na nosa "Pasarela Covasmola"
Este ano tamén entonaremos a nosa alpuxarrada elaborada para a ocasión ❤❤❤❤
Adiantámosvos un pouquiño....
Na aula de 3º de EP estiveron traballando que é un Concello, quenes o compoñen, cal é o seu cometido. Pero este grupo decidiu traballalo maís de preto así postuláronse varios candidatos, elaboraron un programa electoral e fixeron unhas eleccións para elexir alcalde ou alcaldesa na que, no día de hoxe votamos.
Así apréndense moito mellor!!!!!!
Aquí vos queda as presentacións das candidaturas e por último o resultado final.
Resumo do Día das Eleccións:
Arrinca a formación para os nenos de 6º de Educación Primaria da man de Ponte nas Ondas. En breve toda a info no noso blogue de Radiocovas 👋👋👋👋👋👋👋
Estas son as suxestións que nos seleccionou o noso Lolo para traballar este Día tan especial na Bibliocovas.
Agardamos que os disfrutedes tanto coma nós 😍😍😍😍😍😍
Este martes tivemos un Obradoiro de Narración Oral impartido por Carmen Conde para os nenos e nenas e primeiro e segundo de primaria.
Nel aprendimos a crear unha historia e a empregar o noso maxín!!!!