Onte tivemos a visita da Escola de gaitas Cacharela de aquí de Covas. Aprendimos os instrumentos tradicionais galegos e, para rematar, tivemos unha mini actuación na que participaron dous alumnoas do cole, Yerai coa gaita e Xián có bombo.
11/10/22
7/10/22
MOCHILAS VIAXEIRAS EN MARCHA!!!!!
Hoxe empezan a circular as mochilas viaxeiras por todas as aulas do cole de Covas
Lolo está emocionadísimo de poder compartir con vós as súas lecturas e xogos!!!!!
Disfrutádeo moito!!!!!!
5/10/22
CONTEXTO LINGÜÍSTICO!!!!
Có mes de outubro arrincamos o traballo por contextos de aprendizaxe. Neles abordaremos a aprendizaxe competencial. A Biblicovas pasa a ser o principal centro de recursos e o seu Proxecto Documenta Integrado "Covasmola 2.0" o dinamizador definitorio e definitivo das actividades do centro.
O contexto lingüístico, cós seus catro recantos: Informadoiro, Faladoiro, Literario e Creativo, desenrólase integramente na biblioteca.
Aquí tedes aos alumnos de 3º e 4º traballando arreo!!!! 😍😍😍😍😍😍
CORRELINGUA 2022
Hoxe o Correlingua celebrouse en Viveiro e saistimos có alumnado de 3º, 4º 5º e 6º.
Nesta ocasión participamos do mafifesto, como ven sendo costume, e do concerto Rock de "Pauliña"
Disfrutamos un montón!!!!
FÁLAME!!!
19/9/22
10/9/22
COVASMOLA 2.0. PDI Curso 22-23
Covasmola chegou para quedarse!!!!
Como que para quedarse? Máis ben para medrar
O PDI do pasado curso, "COVASMOLA", deunos moitísimas satisfaccións ao tempo que nos fixo medrar como colectivo, como comunidade. Somos o cole que mola!!! O cole ao que se vai en bici, andando ou en patíns, que ten vehículos ou deixa empregar os propios nos recreos. Somos o cole onde se come san, onde se recicla, se reutiliza, se crea unha moda propia, ...
Demasiados aprendizaxes e demasiadas aventuras vitais que sería unha pena que se esquecesen así que a FILOSOFÍA COVASMOLA xaforma parte do no noso ADN.
E que ven entón agora?
COVASMOLA 2.0, este é o noso Proxecto Documental Integrado para o curso 22-23. Este proxecto non foi creardo para substituír senón para enrquecer o xerme COVASMOLA. Se orixinariamente traballamos a través de tres eixos; A alimentación saudable, a Sustentabilidade e a mobilidade; neste novo proxecto engadimos outro tres eixos máis:
- Educación sexual
- Saúde mental
- Educación social
Gústanos dicir que no Covasmola orixinario coidámonos "por fóra" e no Covasmola 2.0 ímonos coidar "por dentro".
Seguimos medrando xuntos!!!!!!!!






































