Seguindo o espírito do noso Covasmola 2.0 este Entroido tamén toca coser!!!!👏👏👏👏
Apostamos pola inclusión e eliximos a lectura "Un puñado de botones' na que todo o alumnado traballou os diferentes tipos de familias e a súa importancia.
E que é o noso cole? Pois unha GRAN FAMILIA chea de pinceladas diversas que a fan enormemente especial. Así que decidimos caracterizarnos de botóns con diferentes formas e estampados para representar esa divertida diversidade.
Que aburrimento sería se tod@s fósemos iguais!!!!
Trouxemos teas de manteis e sabas vellas, retais que había polas casas, e demos formas diversas aos botóns.
Este foi o proceso....