24/5/23

MAIOS 2023!!!!!

Pois tiñamos todo preparado para cantar os Maios en Viveiro, xunto con outros coles do Concello, pero as previsións metereolóxicas molláronnos o plan A.
E por que dimos que nos mollaron o plan A? Porque tiñamos plan B e cantámolos no cole xa que, finalmente, non choveu.

LEVÁNTATE MAIO QUE TANTO DURMICHES 
QUE PASOU O INVERNO E TI NON O VICHES



22/5/23

TELE COVASMOLA!!!! O TEMPO EN COVAS

O tempo en Covas: 

Qué mellor maneira de introducirnos na primavera que co alumnado de Educación Infantil ao frente! Estade ben atentos ao parte meteorolóxico, así como ás imaxes que esta estación deixa para o disfrute de tod@s.







16/5/23

Tele COVASMOLA!!!! Letras Galegas 2023

Durante este curso o noso alumnado traballou a edición de vídeo sobre todo nos contextos linguísticos de Educación Primaria e no recanto maker da Educación Infantil.

Pois fixemos un soño realidade "Tele Covasmola" 😍😍😍😍😍😍😍😍

E que mellor forma de estrea que cun programa sobre Francisco Fernández del Riego 👏👏👏👏👏👏

Agardamos que vos guste!!!!!



En breve novas entregas de "Tele Covasmola". Atentos ao blogue da Bibliocovas e ás redes!!!!

As diferentes entregas de "Tele Covasmola" contaron coa participación de todo o alumnado do cole e dos diferentes equipos (biblioteca, EDLG, TICs, ...) xunto con Polos Creativos. Sempre enmarcado dentro do PDI "Covasmola 2.0" que serve de fío condutor das diferentes reportaxes.






12/5/23

Construcións creativas!!!!

Nas mesas de luz da bibliocovas tamén xogamos, construímos e creamos!!!!

Na seguinte traballamos o pensamiento creativo, as habilidades de construción, o desenvolvemento da imaxinación e a identificación de patrones e formas.

Empregamos puzzles imantados translúcidos segundo patróns 😍😍😍😍



Tamén construímos sen unha pauta fixa na que deixamos voar a imaxinación e creamos composicións ben chulas!!!!





5/5/23

Lecturas Artísticas non quere rematar!!!!!

Pois recibimos a dúas familias máis que nos pediron vir a compartir con nós os seus contos.

Veu a avoa de Nico contar "Non fai falta a voz". Que ben contan as avoas!!!!





E veu Ibai coa súa nai, a profe Ruth, a contarnos "Adiviña canto te quero" cun teatro de sombras!!!!!






Encantounos!!!! 😍😍😍😍😍😍😍

 


4/5/23

DÍa da Educación Física Na Rúa

Onte, os nosos nenos e nenas de 6º de Primaria, desprazáronse ata San Cibrao para celebrar o Día da Educación Física na Rúa.

Estivo organizado polo Seminario de Educación Física da Mariña con 13 centros participantes e uns 400 escolares.

A xornada estivo dedicada aos “Street games”. Estiveron montadas un total de 9 estacións e en cada unha delas o alumnado viviu a experiencia de practicar un deporte de rúa: fútbol-praia, break dance, combas, fútbol free-style, básket 3x3, chase tag, skate, parkour e slack-line con balance board.









2/5/23

Día Internacional contra o Acoso Escolar

 Hoxe celebramos o Día Internacional contra o Acoso Escolar e desde Radio Covas quixemos entrevistar a Andrea Bechlian, psicóloga especialista en psicoloxía educativa, asesoramento familiar, disciplina positiva e educación emocional.

Aquí vos deixamos o resultado!!!!!