Onte tivemos a visita da Asociación Cultural Cacharela de Covas.
Con eles tivemos a oportunidade de coñecer máis de preto os instrumentos tradicionais galegos e escoitalos.
Animáronos tamén a achegarnos ás súas clases para facer música!!!!
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
Onte tivemos a visita da Asociación Cultural Cacharela de Covas.
Con eles tivemos a oportunidade de coñecer máis de preto os instrumentos tradicionais galegos e escoitalos.
Animáronos tamén a achegarnos ás súas clases para facer música!!!!
Tivemos a visita da Policía Nacional de Viveiro dentro do Plan Director que realizan nos centros de ensino.
A charla axudounos a comprender o perigo que pode agochar a internet. Traballamos sobre a ciberseguridade e o gran problema do ciberacoso, que cada vez se produce a idades máis temperás.
Moitas grazas pola xornada!!!!
Millóns de grazas aos usuarios de Aspanane por darnos a oportunidade de coñecer os seus talentos nun día de convivencia e xogo co noso alumnado nos contextos de aprendizaxe.
Contexto humanístico
Trouxéronos un agasallo que eles mesmos fixeron e colocárono no lugar que eles elixiron, un lugar moi especial para o noso cole, o cadro onde está o debuxo orixinal do noso COVASMOLA
O noso alumnado está a traballar con esta marabillosa lectura
Xa temos no horizonte o Nadal e con el a primeira grande actividade de centro 👋👋👋👋👋
Non sabemos en que vai a consistir pero si que Lolo xa mandou recado e a nova PDI Covasmola 3.0 vai ter moi presente as PDIs anteriores: Covasmola e Covasmola 2.0.
Esta semana retomamos os rexistros saudables e tiñamos dous aspectos a tratar:
- As merendas saudables e sustentables (Covasmola)
- A educación emocional (Covasmola 2.0)
As aulas que acadaron o éxito nos rexistros puideron contribuír a encher uns recipientes e sacar ao noso LOLO "un pouquiño a frote".
PARA QUE SERÁ TODO ISTO?
XA SABEDES QUE NO COLE DE COVAS O MELLOR SEMPRE ESTÁ POR VIR
😍😍😍😍😍😍