8/3/24

8 de marzo, Día da Internacional da Muller e Día Internacional da Visibilidade Trans

No Día Internacional da Muller, no contexto lingüístico o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria elaborou a biografía de mulleres viaxeiras que, ao igual que Willy Fog, deron a volta ao mundo dalgún xeito.







Os máis peques tamén festexaron a data na zona maker traballando sobre mulleres importantes na historia en diferentes disciplinas (arte, ciencia, moda... )

                             










Nas aulas de 4 e 5 anos traballaron a figura da muller máis poderosa das súas vidas, as súas nais.







No grupo de 3 anos traballaron sobre a muller máis importante para eles.





Na aula de 3° de Educación Primaria fixeron marcapáxinas e entrevistaron a unha muller admirable das súas vidas.





En 5° de Educación Primaria elaboraron un cartel colaborativo para conmemorar esta data.


O 31 de marzo é o Día Internacional da Visibilidade Trans. Expuxemos no noso taboleiro "Sen prexuizo" a mulleres trans referente tratando de darlles espazo na loita feminista contra as violencias e as desigualdades machistas e para que supoñan un conxunto máis representativo da nosa sociedade, ao tempo que ofrecemos referentes ao alumnado.














6/3/24

Contextos Familiares do 1° ciclo, todo un éxito!!!

Onte viñeron as familias do alumnado do 1° ciclo de educación primaria a traballar no contexto científico cós seus fillos e fillas de tro do programa Lectura e Familias.

A experiencia foi marabillosa. Como nos gusta poder compartir con vós!!!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes...













5/3/24

12 de marzo, Xornadas ABN para familias

O vindeiro martes 12 de marzo celebramos as Xornadas de ABN coas familias dentro do Programa Lectura e Familias da Alfabetzación Múltiple da Bibliocovas.

Como xa sabedes empregamos esta metodoloxía na aprendizaxe das matemáticas desde infantil ata segundo de educación primaria, polo tanto son as familias con nenos e nenas nestes cursos os convocados a participar.

RESERVADE A VOSA PRAZA!!!!! 

Prazo ata venres 8 de marzo

Agardamos por vós







1/3/24

Recanto sensorial de Educación Infantil

No Recanto Sensorial de Infantil @s máis peques distribuíron osiños de cores coa axuda de pinzas, fixeron nadar peixes coa axuda do xabón e fuxeron chuvia de afeitar.