15/4/24

TRAZOSCLASS, Biblioteca creativa

Despedimos a semana cunha formación do máis especial dentro da Biblio Creativa. É que tivemos a sorte de ter a Trazosclass para o alumnado de 3°, 4° e 5° de Educación Primaria!!!

Traballamos a creatividade nun Obradoiro centrado na personaxe de "RATATUILLE" e grazas ás súas orixinais propostas cociñamos uns pratos rebosantes de creatividade.

Xa sabedes que Covasmola 3.0 asénntase no xogo como base das aprendizaxes.








































14/4/24

8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano

O pasado 8 de abril foi o Día Internacional do Pobo Xitano. Para celebralo realizamos diferentes actividades.
O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria traballou o conto titulado “Alma” no contexto lingüístico. A protagonista deste conto é unha nena xitana, que non para de facerse preguntas sobre a súa identidade.


Despois de ler o conto, o alumnado elaborou unha entrevista con preguntas e coas posibles respostas que daría Alma se a entrevistaran.




Finalmente, gravaron a entrevista e este foi o resultado.


Tamén houbo un momento artístico moi especial.


Estas actividades enmárcanse dentro do Contrato Programa Inclúe QUÉDA-T.









9/4/24

Lecturas Artísticas. Arrincamos!!! 🥰🥰🥰

Lucía, Dani e Martiño inauguraron as Lecturas Artísticas deste Mes do Libro enchendo de poesía e Música a nosa Bibliocovas.

Rosalía pequeniña foi a nosa protagonista!!! Grazas por facernos sentir e compartir as vosas lecturas familiares 😍😍😍😍😍😍











3/4/24

Abril, polo mes do libro "Lecturas artísticas" dentro de Lectura e Familias.

No mes de abril celebramos o mes do libro. 

Dentro do programa "Lectura e familias" temos unha nova convocatoria de "Lecturas artísticas" para que as familias tanto de Educación Infantil e Educación Primaria  veñan ao cole.

Premisas da actividade:

  1. Escollede un libro por familia para representar artísticamente (con monicreques, sombras, música, disfraces,...). Queda á vosa elección.
  2. Chamade ao centro para apuntarvos 982-870948. Axendaremos unha data e hora logo de coñecer a vosa disponibilidade.
  3. Poden participar todos os membros da familia que queirades.
Contamos con vós!!!!