22/6/24

III ROMARÍA COVASMOLA

Rematamos o curso de festa, e que festa!!!!! Toda unha Romaría na que tivemos divertimento, e como non, merenda.

Como toda boa Romaría tivemos xogos a modo de atraccións elaboradas polas diferentes aulas seguindo os mandados do nos PDI "Covasmola 3.0". Cada unha delas creou un xogo para a ocasión e elaborou o material preciso para realizalo. Establecimos un turno rotatorio e tod@s "montamos" en todas as atraccións.

Pechamos a xornada cunha merenda Covasmola dentro dos dictames da alimentación saudable na que cada un de nós creou o seu petisco.

PASÁMOLO BÁRBARO!!!!!














































Non hai Romaría sen merenda!!!!

O venres celebramos a III Romaría Covasmola e estamos cós preparativos. Os encargados da comida saíron facer as compras para a merendola Covasmola que imos preparar na Romaría.

Grazas pola vosa axuda 😍😍😍😍













17/6/24

Circuíto de Mobiblidade!!!

Este xoves o alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria remataba o seu último plan de traballo no contexto científico, o cal trataba sobre a educación vial. Os rapaces practicaron todo o aprendido nun percorrido de educación vial, onde puideron vivenciar diferentes roles: o rol de peón, o rol de conducir un vehículo, o rol de semáforo e o rol de axente de policía. 

Fixérono xenial e aprenderon un montón!