25/10/24

Así celebramos o Día das Bibliotecas

Onte foi o Día das Bibliotecas e as colaboradoras de Lolo foron a todas as aulas do cole a levarlles unha felicitación coa Flor de Loto Azul co enlace web para poder traballar a presentación feita por eles e unha flor de loto feita en origami.

Explicáronlles ao resto dos compañeiros o seu traballo de marabilla, e os máis peques encantados de recibir ás maiores!!!! 😍😍😍😍😍

































24/10/24

Polo Día das Bibliotecas: Flor de Loto Azul

Deixámosvos con Lolo e a Flor de Loto Azul (Nymphaea caerulea), flor que representa a sabiduría e o coñecemento.

Que curioso, a nosa primeira flor e Lolo son da mesma cor!!!!!!

Premede na imaxe e poderedes ver a presentación realizada polas colaboradoras da Bibliocovas para celebrar esta data.

          TRABALLAZO!!!!😍😍😍😍😍






23/10/24

24 de outubro, Día das Bibliotecas. PDI "Florece Covasmola"

Hoxe é o Día das Bibliotecas e queremos festexalo presentado o Proxecto Documental Integrado deste curso 24-25 "Florece Covasmola".

Despois de 3 cursos afondando na identidade do centro a través dos tres PDI "Covasmola" entendemos que todos os proxectos vindeiros teñen que contribuír ao confirmamento de dita identidade para  proporcionar unha perspectiva nova.

Chega así "Florece Covasmola", PDI 24-25, cun forte enfoque artístico literario. Cada festividade e conmemoración seleccionada polo equipo de biblioteca e recollida no seu Plan Anual de Lectura, virá presentada pola nosa mascota Lolo portando unha Flor. Dita flor pode ser portadora de moitos tipos de mensaxes, representación de valores, como metáforas, como un poema, como unha canción, como linguaxe científica, ...., polo que teremos moitas flores transmisoras de coñecementos e emocións.

Dentro das celebracións faremos tres nas que participará todo o centro e a comunidade educativa de maneira conxunta, serán no Nadal no Entroido e na Primavera, unha por trimestre.

Agardamos ter un curso cheíño de FLORES!!!!!!!







PLAN ANUAL DE LECTURA 24-25, PLAN DE LECTURA E PLAN DE BIBLIOTECA

Arrincamos o curso 24-25 cos tres documentos que van dirixir a Bibliocovas: o Plan Anual de Lectura para o presente curso e o Plan de Biblioteca e o Plan Lector incluídos no Proxecto Educativo.

Preme nas imaxes para visitalos.















3/10/24

Tubos literarios

Na aula de 4 años empezamos unha nova actividade que leva por título, Tubos Literarios.

A través de lectura de contos acorde á temática traballada en cada momento, seguiremos a traballar a lecto-escritura con diferentes e diversas actividades,algunhas serán; recoñecemento e diferenciación das vogais e consoantes que están nas palabras do título, cantas palabras ten, comparativa de palabras, orde das letras...

Fomentarase tamén a creatividade a través da proposta  de finais alternativos ao conto, personaxes   diferentes que lles gustaría que aparecerán....tamén realizaremos produccións plásticas empregando diferentes técnicas.

Esperemos que gocen e disfruten con cada unha destas actividades.