Programa 6 deste curso no que o alumnado de 5° e 6° reflexiona sobre o patio, recomenda libros e achégavos a Nikita, adirectamente desde a India
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
Programa 6 deste curso no que o alumnado de 5° e 6° reflexiona sobre o patio, recomenda libros e achégavos a Nikita, adirectamente desde a India
Empezamos a derradeira actividade de centro do PDI Florece Covasmola "As Herbas de San Xoán".
Somos de Covas e, que se celebra en Covas?
Pois o San Xoán que xa temos ás portas. Traballaremos a tradición máis arraigada nesta parroquia de Viveiro.
A actividade consiste en traballar as sete herbas de San Xoán entre as distintas aulas, recollelas no entorno próximo e facer a auga para lavar a cara. Aquí lavarámola xa o vindeiro venres 13 como preparación do San Xoán que se celebra o 24 de xuño.
Finalmente, os nenos e nenas de cada aula explicarán ao resto do alumnado todo o que aprendeu da herba traballada.
Contamos coa colaboración das familias e outros menbros da comunidade educativa para localizar as herbas en Covas e poder apañalas cos nenos e nenas do colexio.
PREME NA IMAXE e aprenderedes un pouquiño máis!!!!!!
Desde o ano 2050, COVASNOVAS, o informativo máis agardado. Directamente desde o contexto lingüístico aos vosos fogares.
Gozádeo!!!!
No recanto sensorial de infantil estivemos construíndo árbores con material xeométrico traslúcido seguindo os mandados do proxecto "Bosques e Flores".
Enlazamos dúas polas da nosa árbore dos Tubos Literarios. Dous contos que nos transmiten a importancia e o valor de falar a través das accións e dos feitos. Esta vez a dinámica foi a seguinte: nunha bandexa estaban papeliños cos nomes dos nenos e nenas da clase (un papeliño por nome), cada nen@ colleu un e, a través dun debuxo, tíñanlle que dicir algo ao nen@ que lle tocara.
Con estas dinámicas de exposición imos aprendendo a falar e expoñer aos demais, perder a vergoña e favorecer a linguaxe expresiva.
Fixeronno xenial!!!! Bravo polo alumnado de 5°E.I.
Este é o resultado dos traballos que trouxo ao cole a mochila creativa na aula de 4 anos.
Sodes uns e unhas artistas!!!!