6/11/25

Paso 3: Nace FIGURIÑO

ELABORAR O SER COVASMOLA en 3D. 

Cómo se levo a cabo esta terceira fase da actividade?

Por VOTACIÓNS foron seleccionando o que máis lles gustaba de cada SER e pasiño a pasiño fotos compoñendo o definitivo.

Coa toma de decisións (votacións) o alumnado vaise introducindo na comprensión de que tod@s teñen dereito a dar a súa opinión e de ser escoitado e respectado pero que ten que asumir a decisión da maioria; contamos os votos rexistrados e comprobamos cal era a opción máis votada. 

Todo decidiuse así: que cabeza nos gustaba mais, cores,se tiña tronco u non, forma dos brazos, o pelo, a boca, número de ollos, se tiña zapatos....e así cousa por cousa. Ata o nome foi decidido por suxerencias e votación despois: Ruliño, Cores, Colorin, Polispan e e Figuriño.

Cal sería  o nome mais votado? 

Aproveitamos para traballar as letras dos nomes, o seu son e a súa grafía... Despois dunha votación moi igualada foi o nome de FIGURIÑO o elixido.

Como toda actividade o máis importante non é o resultado final senón os pequenos logros, os procedementos que se van superando. Nesta actividade ata o resultado final foi ben fermoso ata con peana e todo. 

Presentámosvos a FIGURIÑO, un SER COVASMOLA, AMIGO DE LOLO QUE VIVE CON NÓS EN EDUCACIÓN INFANTIL.






                             

5/11/25

Paso 2: Presentamos as propostas

Unha vez que pasaron os catro equipos pola biblioteca dimos a coñecer ao grupo-clase os catro SERES elaborados. 

Despois do asombro, dos eloxios, das lembranzas de cada equipo, empezou outra fase da actividades.








                             

O atrapasoños

Dentro do proxecto do trimestre, o alumnado de 6° de E.I elaborou un atrapasoños para evitar a esas criaturas nocturnas que dan medo. A lectura do conto El Monstruo del sueño, ensinoulles que ás veces as cousas tenebrosas ao final non o son tanto.




                             

4/11/25

CREAMOS UN SER COVASMOLA Paso 1: O deseño

UN SER COVASMOLA

O alumnad@ de 6° de E.I levo a cabo unha nova actividade por equipos.

Puxeron en práctica o traballo cooperativo e respectuoso, a empatía, a toma de decisións conxunta, a comunicación e as habilidades socioafectivas. 

O obxectivo era "crear, darlle forma" a un amigo de LOLO que traballa con nós en Educación Infantil. O material que podían empregar con total liberdade era variado; tapóns dos bebibles, cortizas, tubos de diferentes tamaños e grosores, pompóns, bloques lóxicos, formas xeométricas, tiras de madeira....

Cada equipo saiu un día á Bibliocovas para realizar a actividade, sin ver o que fixeran os anteriores compañeiros. Despois da elaboración, cada compoñente do equipo deixaba plasmado nun debuxo a figura creada.




















                             

2/11/25

AS FOLLIÑAS MONSTRUOSAS

Coas follas que trouxeron dos seus paseos outonais, o alumnado de 6° de E.I pintaronnas e puxeronlles caras de MEDO.