27/6/10

OBRADOIRO DE XOGUETES COA NATUREZA

O día 21 de xuño visitounos no colexio Xosé Manuel García e ensinoulles aos nenos e nenas que con materiais que nos da a natureza (follas de castiñeiro, madeira,xuncos, follas de loureiro, espiñas, noces, millo…) pódense construir xoguetes que eran os que facían hai uns anos os nosos avós ( carrilanas, bonecas coas follas do millo, colares…)
Nesta ocasión todos os nenos e nenas do colexio aprenderon a construir uns barcos con xuncos e tamén foguetes e ademais pasáronno moi ben.


24/6/10

II EQUIPO DE COLABORADORAS

Despedimos ao Equipo de colaboradoras da biblioteca.

Grazas a todas polo voso traballo e boa sorte para ANGELA RIVAS, ANA, MELANIE E TANIA de 6º que xa nos abandonan.

Queda o resto do equipo de 5º e vémonos o próximo curso.

Bo verán
Mirade que contentas están cos seus "diplomas".

23/6/10

HOMENAXE A JOSÉ SARAMAGO

Un relato para nenos/as e para maiores, con debuxos animados, que se chama " A flor máis grande do mundo "

3/6/10

CELEBRACIÓN DOS MAIOS 2010

O venres 21 de maio e con moi bo tempo celebramos os Maios no colexio. Todos os nenos e nenas viñeron guapísimos con roupa e sombreiros adornados de flores, follas...
Fumos polo paseo marítimo e no campo do Cembedo bailamos e cantamos as coplas dos Maios que fixeron por ciclos. Tamén estivo o Maio e os nen@s tiveron que espertalo varias veces.
Aquí están algunhas das fotos dese día.

29/5/10

SEGUIMOS TRABALLANDO CON UXÍO NOVONEYRA

2º-3º ciclo

infantil e 1º ciclo
PREME NAS IMAXES

O CEIP O Pombal de Vigo propón este xogo para Infantil e Primaria sobre Uxío Novoneyra.
Graciñas por compartir o voso traballo.

18/5/10

A EXPOSICIÓN SOBRE O MAR NO COLEXIO

Presentación da exposición do colexio sobre o mar .
Grazas a tod@s pola colaboración aportando materiais e fotos.

14/5/10

DÍA DAS LETRAS GALEGAS-XORNAL DO COLEXIO

Para conmemorar o Día das Letras Galegas entregamos o xornal "O Charlatán de Covas" que elaboramos entre tod@s, participando toda a comunidade educativa. Cada clase fai un traballo para publicar e, neste curso que estamos a traballar sobre "O mar", moitos dos artigos fan referencia a este tema.
Destacamos a figura de UXÍO NOVONEYRA con a súa biografía e a ilustración do conto "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín" feito polos nen@s de 5 anos.
É unha pena que non podemos publicar todas as páxinas do xornal a cor .
Grazas a tod@s pola vosa colaboración