27/9/10

DECÁLOGO DA LECTURA

No blog do CEIP de Andrade vimos esta presentación do Decálogo da lectura para as familias.
É moi interesante!!!
Grazas por compartila.

18/9/10

CONVOCATORIA PARA OS NOVOS COLABORADORES DA BIBLIOTECA

Convocamos a todos os colaboradores da biblioteca para o curso 2010-2011 a unha reunión que terá lugar na biblioteca o día 23 de Setembro de 2010.
Non faltedes!!!
Wordle: Untitled

CAILLOU VAI Á BIBLIOTECA



Grazas ao CEIP Victor Saenz de Mazaricos

13/9/10

CONVOCATORIA PARA ANTIGOS ALUMN@S COLABORADORES DA BIBLIOTECA

O vindeiro 24 de Outubro conmemoramos o "Día da biblioteca", por este motivo gustaríanos organizar unha sesión de CONTACONTOS para os nenos e nenas do colexio en horario de tarde.
Estimaríamos a vosa colaboración para facer de contacontos.
Graciñas!!
Chamade ou pasade polo colexio.

7/9/10

COMEZA UN NOVO CURSO

Benvid@s ao curso 2010-2011. Todos os libros da biblioteca están esperando para ver a todos os nenos e nenas por aquí.
Non faltedes!!!


23/8/10

OUTRO XOGO

CONSTRUE RÚAS


Máis xogos en VEDOQUE

22/8/10

XOGO DE MECANOGRAFÍA


"El avión mecanógrafo" é un xogo para practicar mecanografía. Ten 3 niveis. Tes que teclear as letras que aparecen nos avións e no globo.
Anímate!
Grazas ao blog de Vedoque.