21/6/22

Día da mobilidade!!!

Onte celebramos o Día da Mobilidade Covasmola. Trouxemos os nosos vehículos ao cole, usamos tamén os dos patios inclusivos e realizamos diferentes percorridos con eles.

Foi unha experiencia xenial!!!!!

Que marabilla ver o aparcamento ata os topes. Outra sociedade é posible e está nas nosas mans!!!!! 















       
 

16/6/22

Compañía de teatro "Trémola"

Hoxe tivemos a actuación da Compañía de teatro "Trémola" e a obra "Once upon a time", en galego e en inglés. Nela coñecimos a Sara, unha nena que sabe todos os contos tradicionais do mundo 😍😍😍😍😍😍









       
 



Que Ruta máis chula!!!!

 Onte tivemos un día precioso para a I Ruta Diver Covasmola 😍😍😍😍😍😍

Andivemos por pistas, camiños, carreiros e paseo marítimo para rematar no Parque Pernas Peón.

Covasmola pola Mobilidade sustensable e os hábitos saudables!!!!








       
 


12/6/22

I RUTA DIVER COVASMOLA

O vindeiro mércores 15 de xuño imos realizar a Primeira Ruta Diver Covasmola por diferentes paraxes da nosa contorna.

Esta ruta ten como obxectivo difundir entre a Nosa comunidade educativa a importancia da solidaridade responsable, da igualdade de oportunidades, do traballo en equipo e da inclusión educativa e social.