23/11/23

Contexto matemático do 1º ciclo

No contexto matemático do 1º ciclo o alumnado estivo traballando a numaración có Bingo e as formas xeométricas a través do tangram. A aprendizaxe basada en xogos ten sempre moi boa acollida!!!!















22/11/23

Seguimos coa ciencia

O alumnado de 3º de Educación Primaria estivo traballando sobre as científicas galegas, profundizando na súa obra e na sua vida






21/11/23

Día do Pixama, 20N Día Internacional dos Dereitos do neno e a nena

Onte, 20 de novembro,  é o “Día Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena”. Baixo o lema “todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia” tod@s viñemos ao cole en pixama. 

O alumnado de sexto, durante a Hora de Ler, leulle ao resto do alumnado un conto relacionado có lema. 

Creamos distintos recantos de lectura no cole porque calquera lugar e calquera ocasión é boa para ler!!!!

Aprendimos un montón sobre o acollemento familiar e sobre a diversidade das familias. Nós, o noso cole, tamén somos unha gran FAMILIA!!! 😍😍😍😍😍




























15/11/23

Chegou o outono ao recanto sensorial

Para recibir o outono, os nenos e nenas de Educación Infantil pintaron follas con escuma de afeitar e colorante. tamén traballaron a motricidade fina amasando crispies con rodetes.