21/3/24

Día Mundial do Síndrome de Down

Hoxe celebramos o Día Mundial do Síndrome de Down uníndonos á iniciativa dos calcentíns desparellados que se ven celebrando desde 2018 para concienciar sobre a diversidade e apostar pola inclusión.
















Tamén traballamos co conto "Mi amiga Alba tiene síndrome de Down", incluído no libro "Cuentos de invierno de Lucía mi pediatra" e identificámonos como #extracapacitados apoiando a campaña de Down España 2024.











19/3/24

Robótica: Mulleres relevantes

No recanto de robótica o alumnado de educación Infantil traballaron a vida e obra de mulleres relevantes empregando robotas e mesiñas de luz

















18/3/24

Día das tortillas!!!

Onte foi domingo de San Lázaro, domingo previo ao Domingo de Ramos e, en Viveiro, o domingo das tortillas!!!!, xornada na que as familias e os amigos se reúnen para compartir dito manxar e pasar o día xuntos

No cole de Covas gústanos sumarnos a manter as tradicións e hoxe tivemos a nosa tortilla para a hora da merenda e papámola toda cos amigos e amigas do noso cole no patio.