Temos os recantos de lectura dos corredores preparados para que os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas teñan unha HORA DE LER DE MEDO!!!!!!!
29/10/24
Recanto das familias renovado!!!!
Atención Familias!!!! Temos o voso recanto renovado con novas lecturas para que disfrutedes esta ponte.
Achegádevos a por elas!!!!!
28/10/24
Tubos literarios: "El ladrón de hojas"
Achégase o outono e na aula de 4 anos decidimos traballar o conto "El ladrón de hojas".
Elaboramos as nosas folliñas empregando distintos grafismos e nos veñen de marabilla para afianzar os diferentes trazos.
Quen sería finalmente o que levaba as follas?
25/10/24
Así celebramos o Día das Bibliotecas
Onte foi o Día das Bibliotecas e as colaboradoras de Lolo foron a todas as aulas do cole a levarlles unha felicitación coa Flor de Loto Azul co enlace web para poder traballar a presentación feita por eles e unha flor de loto feita en origami.
Explicáronlles ao resto dos compañeiros o seu traballo de marabilla, e os máis peques encantados de recibir ás maiores!!!! 😍😍😍😍😍
24/10/24
Polo Día das Bibliotecas: Flor de Loto Azul
Deixámosvos con Lolo e a Flor de Loto Azul (Nymphaea caerulea), flor que representa a sabiduría e o coñecemento.
Que curioso, a nosa primeira flor e Lolo son da mesma cor!!!!!!
Premede na imaxe e poderedes ver a presentación realizada polas colaboradoras da Bibliocovas para celebrar esta data.
TRABALLAZO!!!!😍😍😍😍😍



































.jpg)