28/2/25

Asociación ENKI

Onte visitáronnos os voluntarios da Asociación Enki para dar a coñecer ao alumnado de 5º e 6º o alfabeto dactilolóxico e o sistema braille como formas de comunicación. 

Este foron os recurso seducativos que nos deixaron para o noso patio e para a Bibliocovas.






Alpuxarrada 2025

A choiva estropeounos o desfile pero non o humor. Xa sen disfrace, que os puxemos a secar, cantamos a alpuxarrada 2025  "Florece Covasmola".🎤🥸🥳👏🏽


Tamén a degustación dos doces de Entroido tivo plan B 🥰🥰🥰










Xardín "Florece Covasmola". Entroido 2025

No Entroido 2025 representamos o Xardín "Florece Covasmola" seguindo o PDI do mesmo nome. Todos os disfraces foron elaborados polo alumnado nos obradoiros de costura.
Margaridas, camelias, caraveis, bolboretas, xardiñeir@s, soles e abellas, todos os elementos que precisamos para ter un xardín covasmola e sempre, con moito ❤️❤️❤️❤️.
Fixemos o photocall, desfilamos e corrimos por Covas pero a choiva sempre foi boa para as flores 💐💐💐.




















27/2/25

Como medran as nosas flores!!!

Para celebrar o Entroido este ano. desde a Bibliocovas e seguindo os mandados do noso PDI "Florece Covasmola" creamos un xardín de Entroido. Nel temos xardiñeiros e soles, abellas e bolboretas e, sobretodo FLORES, MOITAS FLORES!!!!!

Aquí tedes toda a info elaborada para traballar nas aulas polas nosas colaboradoras!!!!