23/5/25

As tres curuxiñas, 5º de educación infantil

Hoxe, os nenos e nenas da aula de catro anos, fumos ás Bibliocovas a traballar "As tres curuxiñas".

Traballamos o título deste conto tan entrañable coas letras magnéticas. 

Por equipos tiveron que formar coas letras o título.

Así de ben o fixeron!!!









TELE COVASMOLA Programa 3: A diversidade funcional

Terceira entrega desde o contexto lingüístico do primeiro ciclo, dentro desta combinación perfecta de biblio creativa e polos creativos!

A diversidade funcional, atrévete a documentarte con 1° e 2° de pimaria 🥰🥰🥰🥰🥰



                             


21/5/25

Letras Galegas: Os do 21 e Bágoas da terra

Seguimos celebrando letras e celebrando música. Hoxe tivemos a visita de dúas agrupacións folklóricas.

Os do 21 ensináronnos como se toca a pandeireta e transmitíronnos a importancia dos cantos de tradición oral e de cantar en familia.

Na aula de música preparamos dúas cancións e puidémolas cantar con eles. Pasámolo en grande!!!!







Con Bágoas da Terra traballamos os traxes tradicionais galegos a través de recortables que íamos montando a medida que aprendíamos os seus nomes e a súa función.






Por último pechamos o día bailando a muiñeira no patio.






16/5/25

Tubos literarios do 3º trimestre

Hoxe, na aula de 4 anos, empezamos a nosa sección de Tubos Literarios co libro Árbores no camiño

Fixemos un traballo colaborativo para crear a nosa propia árbore da aula.






TELE COVASMOLA 2025 Programa 2 "De viaxe polos castelos"

Os nenos e nenas de educación infantil estiveron traballando sobre os castelos. Incluso tiveron a oportunidade de visitar un!!!

Pero deixemos que sexan eles e elas quen nolo conten❤️❤️❤️❤️



                             


15/5/25

Na aula de 4 anos, dentro do noso proxecto "Bosques e flores" estamos a coñecer a Vincent Van Gogh. 

Realizamos a nosa versión fluorescente dos "Los Girasoles" na aula sensorial 😍😍😍😍😍😎😎😎😎