Doce nenos e nenas de 6º curso de Educación
Primaria van participar en actividades de inmersión lingüística en lingua
inglesa, English Week,
O lugar onde se realizará a
actividade de inmersión lingüística "English week" será no Centro de
Inmersión Lingüística Peares (Carballedo- Lugo) do 23 ao 29 de outubro.
1. O
obxectivo principal deste programa é proporcionar ao alumnado participante unha
actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas
de comprensión e expresión oral en lingua inglesa, a través de actividades non
só académicas senón tamén de carácter cultural e/ou deportivo, que servirán de
reforzo ao programa ordinario do currículo dos alumnos e das alumnas.
2. O
desenvolvemento das actividades terá lugar en períodos semanais. O comezo da
actividade terá lugar un domingo pola tarde e a saída o sábado seguinte pola
mañá.
3. As
actividades desenvolveranse entre os meses de novembro e decembro de 2016.
4. O
contido dos cursos inclúe un programa de actividades académicas, de tempo libre
e obradoiros. En calquera caso, a finalidade do programa é
promover a convivencia entre o alumnado e a motivación pola comunicación en
lingua inglesa, facendo uso de medios tecnolóxicos que favorezan a devandita
aprendizaxe.
5.
A metodoloxía será activa, lúdica e cooperativa; promoverá aprendizaxes
significativas
por parte do alumnado, incidindo na educación en valores democráticos e nos
aspectos relacionados coa sustentabilidade e coñecemento do contorno.