Outra sesión do alumnado de 6°de E.I na aula sensorial. Esta vez elaboraron arañas coas plastilina flúor que tanto lles gusta e realizaron en acetatos arañas con formas xeométricas.
CEIP PLURILINGÜE de COVAS-VIVEIRO (LUGO)
Outra sesión do alumnado de 6°de E.I na aula sensorial. Esta vez elaboraron arañas coas plastilina flúor que tanto lles gusta e realizaron en acetatos arañas con formas xeométricas.
O alumnado de 6 de E.I traballou o cuadro do pintor noruego. Elaborou hipótesis sobre quén é a figura que aparece e qué está facendo coas mans na cara e a boca aberta. Empregamos dúas técnicas, acuarelas e rotuladores fluorescentes coa luz negra. Adiviñade cal foi a que mais lles gustou.
Os nenos e nenas de 3º de educación primaria traballaron nunha actividade moi gratificante . Fixeron flores con materiais de refugallo
Esta quincena, o alumnado de Infantil levou a cabo as seguintes actividades:
- na pizarra dixital recrearonse con xogos de memoría de atavíos da estación, clasificación de froitos carnosos e secos e asociación de son e palabra coa imaxe.
- Cos Tale-bot realizaron varias actividades;
1-traballaron a orientación espacial coas coordenadas indicadas logrando así os elementos para disfrazar a unha nena de bruxa.
2- A Castañeira: tamen traballaron a orientación seguindo as frechas ata chegar aos froitos do outono.
- Recoñeceron grafía e dedas nas tarxetas, e no taboleiro tiñan dirixir o robot ata o cartaz que tiña as mesmas landras que saíran no número e nas dedas.
- Cestas silábicas; co taboleiro cheo de obxectos, froitos e elementos do outono os nen@s tiñan que levar o robot ata onde quixeran, nomealo e, coa axuda dos maiores dicir cantas " palmadas - sílabas " e deixalo na cesta correspondente.
Nas mesas de luz as actividades a realizar foron; debuxo de siluetas de arañas co corpo de figuras xeométricas, cos discos translúcidos adornar siluetas e por último cubrir as follas das diferentes cores: marrón, amareli, laranxa e vermella cos obxectos da mesma cor e xogaron libremente a poñer uns enriba doutros para ver a cor que aparecía.
Para a conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, unha nena e un neno de 6º de educación primaria, nos gravaron este conto para a hora de ler.
Grazas!!!!
Para conmemorar o 25 N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, elixímolo lema "Pon o foco".
O alumnado de 5° e 6° de educación primaria realizaron uns focos con luz violeta que nos serviron para crear un punto lila lector e alumear as lecturas propostas para a hora de ler por este día.
Ademais, cada aula realizou unha postal con este lema que contiña un circuito eléctrico con cinta de cobre, pila e luz led, do que obtivemos tamén a luz violeta CONECTANDO O 25N co MES DA CIENCIA EN GALEGO.