PORTACASTAÑAS
O alumnado de infantil elaborou, no recanto da arte, o portacastañas para a festa do Magosto. Traballouse un pouquiño o nome da árbore que ten como froito a castaña; tipo de folla, cor da madeira, usos, formas de comelas, nome da "casiña" onde está a castaña ... e así de fermosos quedaron.
O GATO DA BRUXA MARUXA
No recanto da arte o alumnado tamén elaborou o gato da bruxa Maruxa que tanto lles gusta. Reforzaron a psicomotricidade fina, envolveron lá no corpo do gato traballando así a coordinación ollo - man, a lateralidade....












No hay comentarios:
Publicar un comentario