Esta quincena, o alumnado de Infantil levou a cabo as seguintes actividades:
- na pizarra dixital recrearonse con xogos de memoría de atavíos da estación, clasificación de froitos carnosos e secos e asociación de son e palabra coa imaxe.
- Cos Tale-bot realizaron varias actividades;
1-traballaron a orientación espacial coas coordenadas indicadas logrando así os elementos para disfrazar a unha nena de bruxa.
2- A Castañeira: tamen traballaron a orientación seguindo as frechas ata chegar aos froitos do outono.
- Recoñeceron grafía e dedas nas tarxetas, e no taboleiro tiñan dirixir o robot ata o cartaz que tiña as mesmas landras que saíran no número e nas dedas.
- Cestas silábicas; co taboleiro cheo de obxectos, froitos e elementos do outono os nen@s tiñan que levar o robot ata onde quixeran, nomealo e, coa axuda dos maiores dicir cantas " palmadas - sílabas " e deixalo na cesta correspondente.
Nas mesas de luz as actividades a realizar foron; debuxo de siluetas de arañas co corpo de figuras xeométricas, cos discos translúcidos adornar siluetas e por último cubrir as follas das diferentes cores: marrón, amareli, laranxa e vermella cos obxectos da mesma cor e xogaron libremente a poñer uns enriba doutros para ver a cor que aparecía.




















No hay comentarios:
Publicar un comentario