23/3/26

FAMILIAS NA BIBLIOCOVAS

Lolo, Figuriño, Rosalía, Uxía e Mariña, os nosos Seres Covasmola, prepararon un montón de actividades para que as familias realicen con nós.


1. Venres 27 de Marzo. Despedimos este segundo trimestre coa V Ruta DiverCovasmola. Saímos do cole as 10:00h o alumnado de primaria e ás 10:30h o de infantil (percorrido curto). Ao remate merendamos no Parque Pernas Peón. Non é preciso anotarse.


2. Martes 9 de abril. Familias de educación infantil. Obradoiro de Cartón con Ton Arenas. Dúas quendas:

- 9:30h a 11:00h.

- 12:30h a 14:00.


3. Venres 10 de abril. Familias de  educación primaria. Obradoiro lector con Sabela Gago. Tres quendas:

- 1° ciclo de 9:30h a 10:30h.

- 2° ciclo de 10:30h a 11:30h.

- 3° ciclo de 12:30h a 13:30h.


4. Venres 17 de abril. Familia de educación infantil. Cosmética natural con ADEGA.

Quenda única de 9:30h a 11:00h.


5. Venres 17 de abril. Familia de educación primaria. Obradoiro de papel reciclado con ADEGA.

Quenda única de 11:00h a 12:00h.


6. Do 13 ao 29 de abril. Para todas as familias do cole...Familias creativas, familias que contan.

Vide a compartir as vosas lecturas en familia cos vosos nenos e nenas.



Agardamos que gocedes moito desta programación familias.

Vémonos na Bibliocovas!!!!

Aínda queda pendente algunha sorpresiña ,,🤩🤩🤩🤩





No hay comentarios: