No día de hoxe tiñamos programada facer a II ruta Divercovasmola en familia, dentro do programa Lectura e Familias, pero o tempo non nos acompañou así que fixemos unha adaptación da xornada á climatoloxía do día.
O obxectivo desta actividade é traballar a mobilidade en familia, un dos piares do noso PDI, así como poñer en valor a diversidade que conforma a nosa comunidade educativa.
Como os intres sen chover foron curtiños decidimos facer unha mini ruta por dentro do cole, primeiro andando e despois correndo. Para pechar a actividade botamos mans dunha das actividades que máis nos gusta neste cole: BAILAR. E fixémolo acompañad@s dalgunhas familias.
Pasámolo bárbaro 🥰🥰🥰🥰🥰🥰
No hay comentarios:
Publicar un comentario