11/8/09

AGASALLO DO BLOG "TI TAMÉN CONTAS"

Os nosos amig@s do blog "TI TAMÉN CONTAS" mandáronnos este bonito agasallo

Conchita, de Blogmaníacos, envíanos este bonito selo cunha fermosa mensaxe. Moitas grazas por este agasallo e, sobre todo, pola vosa amizade.

Pola nosa parte queremos enviarllo a algúns blogues importantes para nós, cos que sempre aprendemos cousas: Aprendendo todos xuntos, Contadora de soños, En la escuela caben todos, O lapis falador, Bibliobrey e Bibliocovas

24/7/09

MÁIS DIVERSIÓN... PARA IRMÁNS MAIORES


Buceando polo blog dos nosos amig@s do CEIP de QUINTELA vin esta revista dixital xuvenil de historietas "GALIMATÍAS" editada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Nela hai entrevistas, obradoiros para aprender a debuxar cómics, concursos,..

4/7/09

POR SI ESTADES ABURRIDOS... UN POUCO DE XOGO

Vai mal tempo e non podedes saír á rúa, nen ir á praia?
Este é un bo momento para xogar.


XOGA CON FERVELLO

Preme na imaxe


Os amig@s do blog "a tartaruga lectora" teñen uns contos interactivos moi divertidos.

Preme na imaxe


25/6/09

E PARA FINAL DE CURSO... TEATRO

Para celebrar o final de curso fumos tod@s (tamén foi o colexio Santa Rita de Galdo) ao teatro Pastor Díaz para ver a obra do grupo Migallas titulada "O LIBRO MÁXICO".
Un final de curso MÁXICO!!!!!


18/6/09

BO VERÁN A TOD@S



Preme na imaxe para vela máis grande

O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESEXA UNHAS FELICES VACACIÓNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO... E A TOD@S OS LECTORES DESTE BLOG
ATA O PRÓXIMO CURSO !!!!


DESPEDÍMONOS DO EQUIPO DE COLABORADORES

Wordle: GRACIÑAS E BOA SORTERemata o curso e temos que despedirnos do I EQUIPO DE COLABORADORES DA BIBLIOTECA.GRACIAS A TOD@S POLO VOSO TRABALLO E ... BOA SORTE NO "INSTI"(aínda que seguramente teremos contacto con eles polo blog)

13/6/09

BUSCA DO TESOURO

Esta semana fixemos unha busca do tesouro na biblioteca.
A actividade consistía en contestar a preguntas, completar poemas... consultando nunha serie de libros de poesía (este trimestre estámolo adicando á poesía).
Xogaban dous equipos de cada curso e participaron nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º de Primaria.
Estivo tan "reñido" que como veredes nas fotos, nen sequera miraban á cámara.